ESCRAVO DO MEU ERRO

Daniel Carnoto espino

Sen querer e sen buscarte un día chegaches á miña vida ,
tróuxote o amor..? Seguro que foi el quen o fixo?
Eu viña dunha situación complexa,
dunha relación horrible
non quería unha seria, quería divertirme,
non quixen facerche dano e deixeite marchar.
Equivóqueme.

Ambos forxamos a nosa vida,
pero non me esquecín de ti,
os teus ollos e o teu sorriso
estaban escondidos no fondo do meu corazón.
A vida continuo e hoxe volves a rexurdir na miña vida
Chegaches á miña, cativáchesme, convertíchesche na
miña necesidade, a miña droga,
a miña adicción e o meu vicio.

Cando te vexo o meu corazón treme e ,
énchese de luz, esperanza e brillo;
dáme felicidade,dáme seguridade;
o terte preto prodúceme unha tranquilidade profunda
e ao mesmo tempo un desasosego;,
síntome diferente, póñome nervioso e inseguro,
coma se fose un adolescente namorado.

Es como a néboa que se dispersa ante a bruma,
síntote, escóitote pero non te toco.
Es como unha brisa, que te sinto, pero non te vexo.

Pero como me encantaría amarte antes,
para o mellor do meu amor brindarte.
A vida é unha merda e eu fun un estúpido:
deixeite marchar.

Como me encantaría coñecerte noutro momento,
darche a miña vida e se fose posible ata o mundo,
pero cometín o maior erro da miña vida.
Pero es allea, vives a túa vida e non me necesitas
compréndoo e agora vivo por ti ,
sufrindo esta terrible condena de amarte en silencio,
son un escravo da meu erro e da miña estupidez.

Aínda así manteño a esperanza de que a miña boca algún
día chegase a probar o doce sabor dos teus bicos,
aínda que deba calar polo momento todo o que sinto,
TI SEMPRE SERÁS O MEU ETERNO AMOR SECRETO

  • Autor: Daniel Carnoto espino (Offline Offline)
  • Publicado: 24 de abril de 2017 a las 07:25
  • Comentario del autor sobre el poema: Cando escribo un poema, sempre manifesto o que me pasa na realidade
  • Categoría: Amor
  • Lecturas: 19
Llevate gratis una Antología Poética ↓

Recibe el ebook en segundos 50 poemas de 50 poetas distintos Novedades semanales




Para poder comentar y calificar este poema, debes estar registrad@. Regístrate aquí o si ya estás registrad@, logueate aquí.