Airiños, aires

Ana Estraviz

Airiños, airiños aires

Cal será a miña terra?

Airiños airiños aires,

Airiños, levaime a ela

 

Será acaso a que percorro

Da que tanto amor recibín?

Ou será quizáis, airiños,

Aquela que chama por min?

 

E de cal virá a voz que chama?

Aquela que sempre sentín

Cantan ambas pra miña alma

E con ámbalas dúas sorrí

 

Fala unha de verdades

Destas nas que eu nacín

Do sentimiento de liberdade

Que o abrazo do mundo permite vivir

 

E a outra fala de lendas

Cantan fermosas voces que non ouvín

Lévanme da man por sendas

Que sinto miñas aínda que non percorrín

 

Brisas que me levades

A aqueles etéreos confíns

Brisiñas que me acariciades

Onde doe menos sentir

 

Unides quizáis realidades?

Terei a resposta, por fin?

Espertan, cando soprades

Dous fogares en min?

 

Onde camiñan da man

lendas e verdades

Creo que é aí

 

Airiños, airiños aires

Airiños da miña terra

Airiños airiños, aires

Airiños, levaime a ela

  • Autor: Équen (Seudónimo) (Offline Offline)
  • Publicado: 31 de enero de 2022 a las 10:26
  • Comentario del autor sobre el poema: Este poema está escrito en galego, a miña outra lingua materna, e a inspiración que me guiou ó escribilo foi o poema homónimo da miña queridísima Rosalía de Castro
  • Categoría: Sin clasificar
  • Lecturas: 43
Llevate gratis una Antología Poética ↓

Recibe el ebook en segundos 50 poemas de 50 poetas distintos Novedades semanales


Comentarios1

  • Gonvedo

    Chegan do fondo d'alma os airiños da terra galega.

    Unha aperta.

    • Ana Estraviz

      Apertas pra' tí tamén, compañeiro, e moitas grazas polo teu tempo!!



    Para poder comentar y calificar este poema, debes estar registrad@. Regístrate aquí o si ya estás registrad@, logueate aquí.