carlos9886

Heteroxeneidade do tempo

Escápaseme o tempo,
agora pensó o xa pensado.
Agárrome con forza
ás agullas do reloxo
mais,
xa de nada sirve!
¡Estou desesperado!

Non reparo no que escribo,
saboreo o momento
e abatáname a nostalxia
da última letra escrita,
porque hoxe xamais volverá ser hoxe!

Cada minuto é:
un minuto menos dos meus
un minuto menos cos meus

¡Traidor! ¡Maldito tempo!
Fixéschesme crer que todo duraba
o que ten que durar.
Meus país, avós, meus amigos;
que sei eu? ¿Onde reside a vosa caducidade?
E que agora xa non é agora,
e hoxe xamais volverá ser hoxe!

 

¡Que inocentes nos fas!
Eu me miro, sentado chorando,
pola fiestra que me abriu o alma
e pola cal estrágase a miña area.

Eu que desaparezo, perdo, escribo, penso
e torno a pensar que me vou,
reparo en ti tempo,
mais,
hoxe xamais volverá ser hoxe.

 

 

 

 

Comentarios1

  • SANTAPAU

    Respostar, respostarei!
    coido que ainda podel-lo facer tan bonitiños como a este.
    Loanzas, amigo.

    • carlos9886

      Moitas grazas,

      saúde e terra



    Para poder comentar y calificar este poema, debes estar registrad@. Regístrate aquí o si ya estás registrad@, logueate aquí.